Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

PARTICIPA NUNHA SESIÓN DE AXUDA EN CIBERSEGURIDADE VÍA STREAMING O VINDEIRO XOVES, 21 DE MAIO ÁS 10.00 HORAS

O vindeiro xoves 21, o #CDTIC da Amtega - Xunta de Galicia emitirá vía streaming unha sesión na que se presentará o número #017 de axuda en #ciberseguridade do INCIBE - Instituto Nacional de Ciberseguridad.

Este número gratuíto de axuda en ciberseguridade vai dirixido tanto a empresas coma cidadáns, pais, menores e educadores.

Esta actividade enmárcase no contexto do nodo de ciberseguridade CIBERgal, unha estrutura de cooperación que implica ao conxunto de Administracións Públicas do territorio galego nesta materia, e en coordinación coas organizacións de referencia a nivel nacional, INCIBE e CCN-CERT Centro Criptológico Nacional para o desenvolvemento de actividades que permitan concienciar e capacitar á cidadanía, ás empresas e ás administracións públicas de Galicia en relación á ciberseguridade co obxectivo de garantir unha contorna dixital segura e afrontar de maneira colaborativa os retos neste eido.

INFORMACIÓN