Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 13 Mai 2020 10:16

MINISTERIO DE FACENDA PON EN MARCHA O PLAN "LE LLAMAMOS" PARA FACER A DECLARACIÓN DA RENDA

A partir do 7 de maio, mediante cita previa que o contribuínte pode solicitar por internet ou teléfono desde hoxe mesmo, comezarase a prestar
este servizo personalizado de confección telefónica de declaracións. O/a contribuínte que conte co tradicional perfil de asistencia presencial
en oficinas poderá solicitar cita para ser atendido en función da dispoñibilidade do servizo, que se irá incrementando paulatinamente tanto en capacidade como no perfil do contribuínte que pode ser atendido.

Os/as contribuíntes que, ao solicitar cita para o ‘Chamámoslle’, acheguen un teléfono móbil (a opción máis recomendable), recibirán un SMS onde se lles indicará o día en que previsiblemente serán atendidos, así como unha ligazón á documentación que deberán ter dispoñible o día da cita.

A modo de exemplo, os/as novos/as declarantes deberán ter dispoñible o número IBAN dunha conta da que sexan titulares. Aos contribuíntes coa ‘ app’ da Axencia descargada enviaráselles unha mensaxe ‘ push’ coa mesma información.

Adicionalmente, aos contribuíntes con rendementos de actividade económica en estimación obxectiva (módulos) e aqueles que conten con rendementos do capital inmobiliario, ao concertar a cita ofreceráselles un documento que lles axudará a recompilar a información necesaria para que a teñan preparada e dispoñible no momento en que a Axencia lles chame, axilizando así a presentación da declaración.

A oferta de cita previa vaise abrindo progresivamente. Ao obxecto de mitigar unha eventual perda de citas en prexuízo do conxunto dos
contribuíntes, a axencia lembra aos cidadáns que poden anular a cita pola mesma vía pola que a concertaron se decidiron non facer uso dela. En anos pasados, en máis do 25% das citas  concertadas con máis dunha semana de antelación, o contribuínte finalmente non se presentaba.

  • Quen non están obrigados a declarar

En termos xerais, non están obrigados os/as contribuíntes con rendas exclusivamente procedentes do traballo ata un importe de 22.000 euros anuais. Con todo, este límite redúcese se os rendementos proceden de máis dun pagador (salvo excepcións), ou tamén cando o pagador non está obrigado a reter e cando os rendementos están suxeitos a un tipo fixo de retención. En tales casos, o límite é de 14.000 euros anuais.

Ambos os límites seguen sendo válidos para non declarar se a contribuínte conta, no seu lugar, ou ademais, cos seguintes rendementos íntegros:
- Dividendos, intereses e ganancias patrimoniais sometidos a retención cun tope conxunto de 1.600 euros.
- Rendas inmobiliarias imputadas, rendementos íntegros do capital mobiliario non suxeitos a retención derivados de letras do Tesouro e subvencións para a adquisición de vivendas de protección oficial ou de prezo taxado, e demais ganancias patrimoniais derivadas de axudas
públicas, co límite conxunto de 1.000 euros.

Igual que o ano anterior, tampouco estarán obrigados os contribuíntes que conten con rendementos do traballo, capital e actividades económicas, así como ganancias patrimoniais (subvencións, premios e outras), co límite conxunto de 1.000 euros, xunto con perdas patrimoniais inferiores a 500 euros.

Principais servizos de asistencia e información

- Internet: http://www.agenciatributaria.es/ e ‘ app’ (ofrece información e xestións sen horarios).

- Teléfono solicitude cita ‘Chamámoslle’ (a partir do 5 de maio): 901 22 33 44 ou 91 553 00 71 (operador, de 9 a 19 horas, L-V) 901 12 12 24 ou 91 535 73 26 (servizo automático, 24 horas)

- Teléfono Renda Información: 901 33 55 33 e 91 554 87 70 (para resolver dúbidas; de 9 a 19 horas, L-V)