Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 13 Mai 2020 08:25

PRÁCTICAS REMUNERADAS EN FRANCIA NA AXENCIA FERROVIARIA DA UNIÓN EUROPEA

As prácticas contan cunha dotación mensual de 1 299,89 euros. Ademais da remuneración, ofrece un reembolso dos gastos de viaxe, vacacións pagas e oportunidades de formación. A data de inicio está prevista para o 1 de setembro de 2020, aínda que podería posporse dependendo das medidas restritivas de COVID-19.

As oficinas están situadas en Valenciennes, no norte de Francia, a unha hora de Bruxelas e dúas horas de París.

Requisitos:
Ter un título universitario (mínimo 3 anos de estudo).
Ter un bo coñecemento de inglés.
Ter un bo coñecemento dun segundo idioma, para os cidadáns da UE, debe ser unha lingua oficial da UE.
Terán prioridade os solicitantes que non realizasen prácticas nunha institución ou organismo europeo.

O prazo para solicitar esta convocatoria finaliza o día 31 de maio de 2020.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS