Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 12 Mai 2020 09:08

O MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN LANZA UNHA NOVA LIÑA DE SUBVENCIÓNS CON 12 MILLÓNS DE EUROS PARA PROXECTOS DE I+D+I FRONTE AO CORONAVIRUS

Está enfocada a proxectos que busquen incrementar a produción de material de emerxencia, mellorar o tratamento e diagnóstico da enfermidade e contribuír á implantación de medidas de saúde pública.

A convocatoria, xestionada polo CDTI, estará aberta ata que se esgoten os fondos.

En concreto, esta convocatoria apoiará proxectos das seguintes tipoloxías:

  • Proxectos individuais de I+D relacionados coa investigación sobre vacinas, medicamentos e tratamentos, produtos sanitarios e equipos hospitalarios e médicos, desinfectantes e roupa e equipos de protección, así como as innovacións de procesos pertinentes con vistas a unha produción eficiente dos produtos necesarios. Estes proxectos poderán ser realizados por empresas ou Centros tecnolóxicos e deberán finalizar como máximo o 31 de outubro de 2021.
  • Proxectos individuais de investimento para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19 que deberán implicar unha mellora dos sistemas de produción habitual ou incremento da capacidade de produción. Estes proxectos poderán ser realizados por empresas e terán que finalizar como máximo o 31 de outubro de 2020.

TODA A INFORMACIÓN