Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 07 Mai 2020 08:20

A CONSELLERIA DE CULTURA E TURISMO CONVOCA 8 BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE MUSEOS

REQUISITOS:
Dispoñer da seguinte titulación:

No caso de persoas solicitantes de bolsas de formación en museos, ter grao universitario ou equivalente, cunha configuración curricular (expediente académico) en que se acredite un mínimo de 100 créditos nestas materias para cada unha das especialidades seguintes: 1º. Historia da arte. 2º. Arqueoloxía.

No caso de persoas solicitantes de bolsas de formación en restauración de fondos de museos, ter grao ou diplomatura universitaria en conservación e restauración de bens culturais ou equivalente, nas especialidades de: 1º. Arqueoloxía. 2º. Pintura ou escultura.

Acreditar dominio da lingua galega, nivel de iniciación, mediante certificación oficial ou certificado Celga 3.

Non desfrutar destas bolsas con anterioridade, nun período de tempo igual ou superior a doce meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior.

Non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda.

Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude de bolsa para unha especialidade como máximo.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CT110B&ano=2020&numpub=1&lang=gl

REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
O importe bruto de cada bolsa será de 5.690,00 €.

INSCRICIÓNS:
Dende o 05/05/2020 ata o 02/06/2020

INFORMACIÓN