Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 04 Mai 2020 07:07

AXENCIA GALICIA DE CALIDADE ALIMENTARIA SELECCIONA UN/HA TITULADO/A SUPERIOR

ANUNCIO do 17 de marzo de 2020 de convocatoria do proceso selectivo para a contratación temporal dun/dunha titulado/a superior (técnico I), licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Agrónoma. Proxecto EPYRIS (SOE2/P5/E0811). Estratexia conxunta para a protección e restauración dos ecosistemas afectados por incendios forestais. Xestión integrada nas zonas
naturais de alto risco.

O prazo de presentación das solicitudes é de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria:
https://mediorural.xunta.gal/gl/conselleria/organismos-adscritos/axencia-galega-da-calidade-alimentaria/documentacion

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200504/AnuncioG0528-180320-0001_gl.pdf