Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 29 Abril 2020 10:48

​GUÍAS DE RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS DE SAÚDE LABORAL ANTE O CORONAVIRUS

A Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), pon á disposición dos/as autónomos/as, empresas e traballadores diversas guías que, seguindo as informacións das autoridades sanitarias sobre o coronavirus, recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos centros de traballo.

As guías, elaboradas polo Issga para sectores específicos de actividade e tamén con carácter xeral, pódense consultar na seguinte páxina web

Esta páxina ofrece tamén un recompilatorio de información actualizada relacionada coa prevención e a protección contra o coronavirus que ofrecen as distintas administracións.

Ademais, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto para atender consultas: 900 815 600