Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 28 Abril 2020 08:54

O IGAPE CONVOCA 50 BOLSAS DE PROMOCIÓN EXTERIOR

O Igape convoca 50 prazas para a capacitación de mozos/as profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

  • Obxecto deste programa:

Formar especialistas no ámbito da internacionalización empresarial baixo a modalidade de formación práctica no estranxeiro e/ou en Galicia (en oficinas do Igape ou Xunta, oficinas comerciais de España no exterior, cámaras de comercio españolas no estranxeiro, organismos multilaterais, organismos intermedios galegos, centros de investigación, empresas e/ou outros organismos en Galicia ou no estranxeiro) para realizar labores de investigación de mercados, estudo de empresas e a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.

Data fin presentación de solicitudes: 5 de maio de 2020.

Importante: os exames de idiomas realizaránse unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes. A data exacta dos exames publicaráse nesta web. Os aspirantes que non comparezan ou non acaden o nivel mínimo B2 na proba de inglés quedarán excluídos do proceso de selección.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS