Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 28 Abril 2020 08:28

CONVOCATORIA DAS BOLSAS AVENIR PARA ESTUDAR EN FRANCIA

Este programa de bolsas, que se convoca cada ano coa colaboración da Embaixada de Francia en España, a Asociación Diálogo e varias empresas e entidades educativas francesas, ten como principal obxectivo que estudantes españois e franceses que residen en España, poidan gozar de estancias de estudos en Francia durante un curso académico completo.

As 50 bolsas que se convocaron nesta edición, repártense da seguinte forma:

- 14 bolsas de estudos da Embaixada de Francia en España

- 9 bolsas de estudos de Universidades / IEP (Universidade de Alcalá e Grenoble)

- 3 bolsas de estudos de Grandes Escolas de Enxeñería

- Máis de 25 bolsas de estudos de Grandes Escolas de Business, Management, Negocios e Hospitality ( ESCP Europe, Fondation G& G Pélisson ( Institut Paul Bocuse, HEC Paris, Montpellier Business School, Rennes School of Bussiness e SKEMA Business School).

- 5 Bolsas de estudos de empresas francesas ( Alstom, BNP Paribas, Carrefour, Engie e Orange).

 

  • Requisitos para acceder ás Bolsas Avenir 2020

Para poder acceder a unha destas axudas é necesario ter a nacionalidade española ou francesa (con residencia en España) así como ser estudante de grao, máster ou doutoramento. Así mesmo, é necesario contar tamén cunha carta de aceptación oficial do establecemento de destino en Francia.

En canto aos requisitos específicos de idiomas, na maioría das bolsas esíxese contar cun nivel B2 para programas en francés; e TOEFL (80/120) ou IELTS (6/9 ou 5.5 ) para programas en inglés.

Así mesmo, e dado o carácter social destas bolsas, a renda familiar acreditada por cada candidato/a tamén será un criterio para valorar no proceso de selección.

Con todo, todos os requisitos específicos de acceso a cada unha destas bolsas están detallados na convocatoria oficial deste programa, así como a dotación económica e o perfil profesional que deben ter os aspirantes.

As persoas interesadas en participar nesta convocatoria poden enviar desde xa a súa solicitude a través do formulario habilitado na páxina web da Fundación Diálogo, antes do próximo 3 de maio. E para as bolsas de universidades e Grandes Escolas, ademais de cumprimentar este formulario, os/as candidatos/as deberán inscribirse a título individual no portal web do establecemento de destino en Francia.

Prazo de solicitude: 3 de maio de 2020

INSCRÍBETE