Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 22 Abril 2020 07:15

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA A IV EDICIÓN DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE, ANO 2020

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha a cuarta edición dos Premios Provinciais á Xuventude, coa finalidade de promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia.

Esta convocatoria está dirixida a mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos, nas modalidades de iniciativa social, iniciativa empresarial, contido dixital, traballo musical, traballo literario breve, fotografía orixinal, e deseño e moda.

A modalidade de educación en valores está dirixida aos centros de educación secundaria da provincia de Pontevedra en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos.

O prazo de inscrición será de tres (3) meses e comezará, unha vez levantamento do estado de alarma, a partir do día seguinte ao da publicación no BOPPO e na páxina www.depo.gal do anuncio de apertura do prazo de presentación de solicitudes.

BASES