Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 21 Abril 2020 08:35

DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONVOCA 20 BOLSAS DE INVESTIGACIÓN

A presente convocatoria vai dirixida ás persoas residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar un traballo de investigación e que reúnan todos os requisitos sinalados no punto 2 das bases reguladoras.

O obxecto da convocatoria é a concesión de 20 bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, destinadas a persoas con titulación universitaria que pretendan facer un traballo de investigación no período 2020-2021, cunha duración mínima de nove meses, distribuídas nas seguintes áreas:

  • Área de artes e humanidades: 5 bolsas
  • Área de ciencias: 3 bolsas
  • Área de ciencias da saúde: 3 bolsas
  • Área de ciencias sociais e xurídicas: 5 bolsas
  • Área de enxeñería e arquitectura: 2 bolsas
  • Área de estudos de xénero: 2 bolsas

O importe da consignación ascende a un total de 160.000,00 €, con cargo á partida 0612/3262/481 do Orzamento común para 2020. As bolsas para conceder serán 20, por un importe cada unha delas de 8.000,00 €.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña e finalizará ás 14:00 horas do día 27 de maio de 2020.

BASES