Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 21 Abril 2020 08:29

DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONVOCA 20 BOLSAS DE PERFECIONAMENTO DE ESTUDOS ARTÍSTICOS

Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar estudos de perfeccionamento artístico fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que reúnan todos os requisitos sinalados no punto 2 das bases reguladoras.

O obxecto da convocatoria é a concesión de vinte bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, destinadas a financiar o gasto derivado da realización de estudos artísticos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2020-2021, distribuídas nas seguintes áreas:

  • Área de audiovisual: 2 bolsas
  • Área de danza e artes do movemento: 2 bolsas
  • Área de ilustración, artes plásticas e visuais: 4 bolsas
  • Área de música: 9 bolsas
  • Área de teatro e interpretación escénica: 3 bolsas

As bolsas para conceder serán 20, por un importe cada unha delas de 9.000,00 €.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña e finalizará ás 14:00 horas do día 27 de maio de 2020.

BASES