Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 21 Abril 2020 07:25

ABERTA A CONVOCATORIA DA 45º EDICIÓN DAS BOLSAS DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL DO ICEX

Dirixidas a graduados/as nados/as a partir do 01/01/92.

Prazo de solicitude: do 20/04/20 ao 18/05/20

REQUISITOS DE ACCESO BOLSAS ICEX

• Ser membro dun estado da Unión Europea.
• Nacer despois do 1 de xaneiro de 1992.
• Ter unha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de Máster Universitario. Imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos.
• Acreditar posuír coñecemento avanzado de inglés (mínimo B2 do MCERL).

DOTACIÓN ECONÓMICA BOLSAS ICEX

Fase 0: ICEX concederá unha dotación bruta anual de 500€ ata un máximo de 2.000€, segundo os requisitos que estableza a convocatoria.
Fase I-II: Os bolseiros terán unha dotación económica bruta de entre 21.300€-42.800€ segundo destino (as contías económicas asignadas son unha estimación a modo de referencia, suxeita a eventuais alteracións e actualizacións no futuro).

Esta dotación está destinada a cubrir os gastos de transporte de ida e volta, os de emisión ou renovación de visados ou calquera outro necesario para a incorporación, así como os gastos comúns en destino.

Ademais, ICEX cobre os custos ocasionados por outros desprazamentos na zona que a persoa bolseira deba realizar derivados das súas actividades de formación, un seguro de accidentes e de asistencia en viaxes e apoio á aprendizaxe do idioma utilizado en destino, cando así se considere necesario.

BASES