Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 20 Abril 2020 10:27

CÓMO SOLICITAR O SISTEMA CL@VE DESDE A TÚA CASA SEN CERTIFICADO DIXITAL?

Co colapso da Seguridade Social, SEPE, Axencia Tributaria e Organismos Públicos é importantísimo que toda a CIDADANÍA solicitemos o sistema cl@ve.

Este serve para tramitar vía telemática solicitudes como:

  • Desemprego
  • Prestacións
  • Realizar reclamacións
  • Xubilación 
  • Etc

Os prazos mentres dure o estado de alarma están paralizados pero cando se retome a normalidade or organismos públicos seguirán colapsados polo número limitado de citas que van poder dar para atender de maneira presencial.

Explicámosche cómo SOLICITAR O SISTEMA CL@VE EN MENOS DE 1 MINUTO PARA QUE A AXENCIA TRIBUTARIA CHE MANDE AO TEU DOMICILIO FISCAL MEDIANTE UNHA CARTA POR CORREO ORDINARIO  O CÓDIGO DE ACTIVACIÓN. Este trámite pode tardar entre 10 e 15 días ( a recepción da carta).

PASOS:

1.- ENTRA EN GOOGLE E NO BUSCADOR ESCRIBE (REGISTRARSE EN SISTEMA CL@VE)

2.- ENTRA NO ENLACE QUE PON REGISTRO CL@VE SEDE ELECTRÓNICA AGENCIA TRIBUTARIA aquí

3.- AO PULSAR ENTRARÁS NO MENÚ E ELIXIRÁS A OPCIÓN (REGISTRARSE EN CLAVEaquí

4.- INTRODUCE O TEU DNI E SOLICITARACHE A DATA DE VALIDAZ DO MESMO (podes atopala na parte frontal do teu DNI físico)

5.- A CONTINUACIÓN PREGUNTARACHE SE RECIBICHES OU NON A CARTA; PULSA  EN (NO TENGO LA CARTA) E DALLE A CONTINUAR.

6.- APARECERÁ A INFORMACIÓN DE QUE CHE VAN ENVIAR UNHA CARTA POR CORREO POSTAL AO TEU DOMICILIO FISCAL, ACEPTA E ÚNICAMENTE TERÁS QUE ESPERAR A QUE CHE CHEGUE.