Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 17 Abril 2020 07:07

CONCELLO DE SILLEDA IMPULSA O PROGRAMA SILLEDA REACTIVA: 200.000 € EN AXUDAS A AUTÓNOMOS E PEMES

O obxecto da presente convocatoria é paliar e actuar de maneira inmediata, ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade económica no termo municipal de Silleda, outorgando liquidez ás empresas do Concello de Silleda para contribuír a facilitar o cumprimento das súas obrigacións empresariais, mantemento da actividade e emprego e amortecer a redución drástica de ingresos.

Preténdese protexer o interese xeral da cidadanía de Silleda, dando soporte ás persoas autónomas, microempresa e pequena empresa, para minimizar o impacto crise económica provocada polo COVID-19 e lograr que, unha vez finalizada a alarma sanitaria, prodúzase canto antes unha reactivación da economía do noso Concello, actuando directamente sobre as persoas físicas e xurídicas máis afectadas.

As axudas satisfaranse nun pago único atendendo ós seguintes importes:

Destinatarios recollidos no epígrafe 1: 800 €.

• Destinatarios recollidos no epígrafe 2: 300 €.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partires do día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia e ata o 15º día hábil posterior á finalización do estado de alarma.

BASES