Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 14 Abril 2020 07:03

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL CREA UNHA CANLE PARA A COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROGANDEIROS DE PROXIMIDADE

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
ORDE do 13 de abril de 2020 pola que se crea unha canle alternativa para a comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade con motivo da suspensión de actividades comerciais derivada da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Esta orde ten por obxecto a posta en funcionamento dunha canle alternativa para a comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia co fin de facer fronte á perda de ingresos de persoas agricultoras e
gandeiras do sector primario con motivo da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que decreta a suspensión da apertura dos equipamentos e actividades de hostalaría e restauración e que, xunto coa prohibición da realización de mercados tradicionais nos concellos de Galicia establecida no artigo 2.1 da Orde da Consellería do Medio Rural do 23 de marzo de 2020, supoñen a imposibilidade de empregar esas canles habituais para a comercialización deses produtos.

A canle alternativa funcionará mediante a posta en contacto por parte da Consellería do Medio Rural dos agricultores, gandeiros e industrias de transformación de produtos agrogandeiros que se adhiran a ela cos establecementos de comercialización a que se refire o punto primeiro do artigo 4 desta orde.

A rede recibe o nome de Mercaproximidade e a súa instrumentación e funcionamento será a través da páxina web da Consellería do Medio Rural e do correo eléctronico previsto no número 1 do artigo 3.

Poderán adherirse á rede en calidade de provedores:
a) As persoas físicas e xurídicas agricultoras e gandeiras titulares de explotacións inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). En particular, no caso de produtos non transformados, deberán estar integradas na sección de venda directa (Sevedi) do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. Poderían incorporarse mediante a súa adhesión á rede, entre outros, e sen ánimo de exhaustividade, os seguintes produtores:
– Produtores de froitas e hortalizas.
– Produtores de mel e produtos apícolas
– Produtores de carne de vacún, porcino, ovino e cabrún.
b) As industrias de transformación de produtos agrogandeiros inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias a que se refire o artigo 41 da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, integrado no Rexistro industrial de Galicia, segundo a disposición adicional primeira do Decreto 37/2015, do 12 de marzo, polo que se aproba o regulamento dese rexistro.

Os operadores deberán manifestar expresamente a súa adhesión á rede, a través dun correo electrónico dirixido a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando para tal efecto os seus datos de contacto, concretamente un enderezo electrónico; os datos básicos da explotación e o tipo de producións.

Coa adhesión á rede achegarase unha declaración responsable na cal se faga constar expresamente a imposibilidade de canalizar a saída comercial da súa produción polas vías habituais, nos mercados locais tradicionais ou na hostalaría e restauración, e que esa vía supón como mínimo o 50 % dos seus ingresos, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección por parte da Administración cara a verificar o contido da devandita declaración responsable, de conformidade co disposto no artigo 69.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

BASES