Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 06 Abril 2020 11:48

CONVOCATORIA PROGRAMA MUNICIPAL DE CREACIÓN DE EMPRESAS 2020 (PRAZO DE APERTURA PENDENTE DA PUBLICACIÓN NO BOP)

O Concello da Estrada ven de tramitar pola vía de urxencia a convocatoria do PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2020 cuia finalidade é facilitar ás novas empresas e autónomos do noso municipio liquidez  para afrontar a crise económica derivada da COVID-19.

As subvencións consisten nunha axuda a fondo perdido de ata 2.000 euros.

Poden acollerse a esta convocatoria aquelas persoas que se desen de alta nunha actividade económica no noso municipio, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

O prazo de solicitude será de 10 días naturais a contar dende o día seguinte ao de publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Para axilizar os trámites, deixámosvos as bases xa, para que poidades ir reunindo a documentación necesaria. O anuncio foi enviado ao BOP o venres pasado polo cal esperamos que a publicación teña lugar estos días. Unha vez publicadas no BOP faremos publicidade da convocatoria a través das nosas redes, páxinas web, prensa local e aviso a través de mail ás asociacións de promoción económica do noso municipio e as xestorias cuios datos obren no noso listado.

As axudas tramitaranse URXENTEMENTE para poder facer os ingresos á máxima brevidade.

BASES