Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 06 Abril 2020 08:20

PAGO DAS COTAS Á SEGURIDADE SOCIAL DAS EMPRESAS DURANTE A VIXENCIA DO ESTADO DE ALARMA

Empresas que presentaron ERTEs por forza maior

As medidas para empresas que cumpran os requisitos para presentar Expedientes de Regulación Temporal de Emprego tamén varían en función do mes en que nos atopemos.

Estas cotas, ao contrario que no caso de autónomos, abónanse un mes despois da data de pagamento.

  • Que ocorre coas cotas de marzo?

As empresas que visen aprobado o ERTE por forza maior derivado da declaración do estado de alarma están exoneradas de pagar a parte proporcional da cotizacións do mes de marzo dos traballadores afectados por este ERTE (entre o 14 e o 31).

  • Cotas de abril.

A exoneración de cotas manterase mentres dure o período de suspensión de contratos ou redución de xornada autorizado. A partir dese momento poderán solicitar o aprazamento ao 0,5% de interese.

  • Cotas de maio.

Poderán solicitar o aprazamento destas cotas cun interese do 0,5%.

 

Empresas que mantiveron a súa actividade

As empresas que non presentasen ERTEs por forza maior gozarán tamén de medidas de flexibilización:

  • Cotas a pagar en abril.

Poderán solicitar o aprazamento das cotas (correspondentes ao mes de marzo) a un interese reducido do 0,5%. Para poder tramitalo, deberán solicitalo antes do transcurso dos dez primeiros días naturais do mes de abril.

  • Cotas a pagar en maio, xuño e xullo.

Poderán acollerse á moratoria de 6 meses para as cotas correspondentes aos meses de abril, maio e xuño (cuxo período de abono é un mes posterior) se cumpren os requisitos. En caso contrario poderán solicitar o aprazamento ao 0,5% de interese para as cotas para pagar en maio e xuño.

En todos os casos descritos con anterioridade, o prazo para solicitar a moratoria ou o aprazamento de cotas será do 1 ao 10 do mes de abono da devandita cota.