Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 06 Abril 2020 08:06

PAGO DA COTA DE AUTÓNOMOS. ACLARAMOS ALGUNHAS DÚBIDAS

Autónomos con dereito á prestación extraordinaria

Os7as traballadores/as por conta propia afectados polo peche forzoso ou pola perda de ingresos dun 75% ou superior terán dereito a solicitar a prestación extraordinaria por cesamento de actividade. Esta prestación implica que non abonarán as cotizacións sociais mentres cobren dita prestación e que se contabilizará como período cotizado.

  • Que ocorre coas cotas de marzo?

No caso de abonar as cotas correspondentes con anterioridade á concesión da prestación, a Tesourería Xeral da Seguridade Social ( TGSS) devolverá de oficio a parte proporcional correspondente (desde a declaración do estado de alarma, do 14 ao 31 de marzo). Ademais, para quen non puideron afrontar esa cota a día 31, non terán recargas polo atraso no pago dos días 1-13 de marzo, cando tiveron actividade normal. Cando o paguen, consideraráselles regularizados sen necesidade de pagar ningún tipo de recarga.

  • Que ocorre coa cota do mes de abril?

A TGSS non lles cobrará a cota correspondente mentres se prolongue o estado de alarma. A prestación cubrirá ata o último día do mes no que finalice esta declaración (de momento, o 12 de abril, por tanto, ata o 30 de abril)

  • Que ocorre coas cotas de maio e xuño?

Durante estes meses, poderán aprazar as cotizacións sociais a un interese reducido do 0,5% (sete veces inferior ao que normalmente se establece). Para acceder a estes aprazamentos, debe tratarse de autónomos afectados desde e pola situación provocada polo COVID-19, polo que non poden ter outro aprazamento en vigor anterior.

 

Autónomos que manteñan a súa actividade

Os/as autónomos/as que mantivesen a súa actividade e non accedesen á prestación extraordinaria poderán acceder a medidas de flexibilización para mellorar a súa situación durante estes meses.

  • Que ocorre coas cotas de abril?

Poderán solicitar o aprazamento das cotas a un interese reducido do 0,5%. Para poder tramitar este aprazamento, deberán solicitalo antes do transcurso dos dez primeiros días naturais do mes de abril, para evitar a facturación da cota.

  • Que ocorre coas cotas de maio, xuño e xullo?

O Ministerio aprobou unha moratoria (sen intereses) de seis meses para estas cotas (ata novembro e decembro de 2020 e xaneiro de 2021). Os seus requisitos estableceranse por orde ministerial. Para quen non cumpran os requisitos para o acceso a esta moratoria, poderán solicitar o aprazamento ao 0,5% de interese das cotas de maio e xuño.