UNIVERSIDADE DA CORUÑA
RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2020 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza da escala técnica de especialistas (subescala electricidade e electrónica) vacante na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade.
As solicitudes dirixiranse ao xerente da Universidade da Coruña no prazo de 20 días hábiles que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.