Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 02 Abril 2020 08:49

GUÍA PEMES E AUTÓNOMOS/AS PARA SOLICITAR A MORATORIA NO PAGO DAS CUOTAS

  • Como solicitar a moratoria do pago de cotizacións?

As solicitudes correspondentes ás moratorias no pago de cotizacións, os aprazamentos no pago de débedas e as devolucións de ingresos indebidos para autónomos e pemes faranse a través do sistema de remisión electrónica de datos (REDE) da Seguridade Social.

No caso dos/as autónomos/as, tamén poderán presentarse as solicitudes polos medios electrónicos dispoñibles na Secretaría de Estado da Seguridade Social ( SEDESS).

En calquera caso, a Tesourería Xeral da Seguridade Social poderá habilitar calquera outro medio electrónico distinto ao Sistema REDE ou SEDESS para que se efectúe a solicitude.

Segundo establece o Real Decreto, as empresas e autónomos/as deberán presentar solicitudes individualizadas para cada código de conta de cotización onde figuren de alta os traballadores sobre os que se solicita dita moratoria do pago de cotizacións.

No caso de autónomos que se acolleron ao cesamento de actividade e pasasen a recibir a prestación regulada na Real Decreto Lei 8/2020 e que non ingresasen en prazo as cotizacións dos días traballados do mes de marzo, antes do estalido da crise, poderán abonalas fóra de prazo sen recarga.

  • En que meses podo aprazar a cota?

O período de pagamento, no caso das empresas estará comprendido entre os meses de abril e xuño de 2020 e, no caso dos/as traballadores/as autónomos/as entre maio e xullo de 2020, sempre que as actividades que realicen non se suspenderon polo estado de alarma.

  • Cal é o prazo para solicitar a moratoria?

O BOE recolle que as solicitudes de moratoria deberán comunicarse á Tesourería Xeral da Seguridade Social dentro dos 10 primeiros días naturais dos prazos regulamentarios de ingreso correspondentes aos períodos de pagamento sinalados, sen que en ningún caso proceda a moratoria daquelas cotizacións cuxo prazo regulamentario de ingreso finalizase con anterioridade á devandita solicitude.

  • Cal é o prazo para saber se me concederon a moratoria?

A concesión da moratoria comunicarase no prazo dos tres meses seguintes ao da solicitude, a través dos medios polos que se solicitou, é dicir, a través do sistema de remisión electrónica de datos (REDE) da Seguridade Social ou os medios electrónicos dispoñibles na Secretaría de Estado da Seguridade Social ( SEDESS).

Por outra banda, advírtese ás empresas ou autónomos/as que as solicitudes presentadas que conteñan falsidades ou incorreccións nos datos darán lugar ás sancións correspondentes.

  • Quen pode acollerse á moratoria do pago de cotizacións?

O Goberno non comunicou aínda cales serán os requisitos e condicións para solicitar as moratorias, que se establecerán mediante Orde do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións previo acordo da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos.

  • Quen pode solicitar o aprazamento do pago das débedas coa Seguridade Social?

As empresas e os/as autónomos/as incluídos en calquera réxime da Seguridade social ou os autorizados para actuar a través do Sistema de remisión electrónica de datos no ámbito da Seguridade Social (Sistema REDE), sempre que non tivesen outro aprazamento en vigor, poderán solicitar o aprazamento no pago das súas débedas coa Seguridade Social cuxo prazo regulamentario de ingreso teña lugar entre os meses de abril e xuño de 2020. O interese será do 0,5% en lugar do previsto no artigo 23.5 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

Estas solicitudes de aprazamento deberán efectuarse antes do transcurso dos dez primeiros naturais do prazo regulamentario de ingreso.