Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 01 Abril 2020 07:09

IGAPE: MODIFICA AS BASES REGULADORAS DO MARCO DE APOIO AO ACCESO AO CRÉDITO DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2020 pola que se modifican as bases reguladoras do Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas, publicadas mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 28, do 11 de febreiro) (código de procedemento IG535A).

1) Modificar o segundo parágrafo do punto 2 no artigo 3, que queda redactado do xeito seguinte: «Con carácter xeral, o reaval do Igape ante as SGR será do 25 % do risco asumido pola SGR, salvo nos casos nos que a SGR combine este coa cobertura doutros reavais doutros organismos públicos ou dependentes da Administración. Nestes supostos aplicarase en primeiro lugar a porcentaxe máxima prevista por esoutros organismos públicos ou dependentes da Administración, para cada tipo de operación. Se, como consecuencia da suma das porcentaxes de reaval desoutros organismos e do Igape se exceden os límites de porcentaxe máxima permitida pola normativa vixente, reducirase a cobertura do reaval do Igape na porcentaxe necesaria para non superar o citado límite».

2) Modificar o artigo 9. Formalización da operación financeira, engadindo o punto 5 seguinte: «5. No documento de aval en que se instrumente a garantía da sociedade de garantía recíproca deberá figurar o apoio do Igape para a concesión da operación e incluírse o logotipo da Xunta de Galicia».

3) Incluír no anexo 1 das bases reguladoras, Modalidades de liñas de financiamento, o punto I4. Préstamos avalados para apoiar pemes e autónomos no contexto do actual brote do COVID-19.

4) Engadir a seguinte disposición adicional. «Disposición adicional Nas operacións acollidas ás presentes bases reguladoras, así como nas acollidas a outras liñas de financiamento reavaladas vixentes procedentes de anos anteriores e instrumentadas mediante convenios entre o Igape e as SGR, se, como consecuencia da falta de liquidez da beneficiaria, a entidade de crédito e a sociedade de garantía recíproca acordasen novar, aumentar os prazos de carencia e/ou conceder carencias intermedias da operación formalizada, estas modificacións non afectarán a validez do reaval prestado. Nestes supostos non se aumentará o prazo de vixencia do reaval aprobado e non será necesaria autorización expresa por parte do Igape».

O prazo de presentación de solicitudes da liña “Préstamos avalados para apoiar pemes e autónomos no contexto do actual brote do COVID-19” comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias: Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro). b) O 30 de setembro de 2020.

BASES