Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 31 Marzo 2020 06:46

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A COOPERATIVAS AGRO-GANDEIRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2020

Son actuacións susceptibles de axuda as accións que apoien as entidades agrogandeiras en proxectos destinados á recuperación e posta en valor dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro que teñan como obxecto os seguintes:

a) A comercialización, transformación e valorización das producións

b) A formación técnica e o asesoramento para o desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación tecnolóxica

c) A posta en uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético

d) Investimentos para mellorar os servizos prestados pola cooperativa:

— Axudas para a adquisición de terreos para o aumento da base territorial das instalacións cooperativistas

— Axudas para investimentos en maquinaria agrícola, obras, construcións, equipamentos, instalacións, reparacións en edificios e accesos a estes

— Axudas para a adquisición de equipos e sistemas informáticos, mobiliario e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos prestados por estas entidades.

As axudas para maquinaria agrícola non serán compatibles con outras axudas para o mesmo fin.

A porcentaxe máxima subvencionable será do 50 % do orzamento, sen prexuízo de que sexan compatibles con outras axudas recibidas doutros organismos, e a súa concorrencia en ningún caso poderá superar o custo total do investimento.

Entidades beneficiarias

Poderá solicitar estas axudas calquera cooperativa agrogandeira legalmente constituída da provincia de Pontevedra.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día que finalice o estado de alarma.

BASES