Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

MEDIDAS URXENTES DE EMPREGO GALICIA PARA MINIMIZAR O IMPACTO DO COVID-19

Como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 as oficinas de emprego pecharon ao público pero continúan traballando para ti, ofrecendo atención telefónica e telemática para os trámites máis urxentes.

Para iso, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), adoptou as seguintes medidas:

  • NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
  • Se estás afectado por un expediente temporal de suspensión de contratos ou redución de xornada (ERTE) derivado do COVID-19 NON tes que facer ningún trámite para solicitar a túa prestación. Unha vez estea autorizado o dito ERTE, a empresa remitirá ao SEPE os datos necesarios para iniciar a tramitación de oficio.
  • Se o que necesitas é obter información ou solicitar unha prestación ou subsidio contacta antes coa Oficina de Prestacións dependente do SEPE, independentemente da situación da túa demanda de emprego. Para facelo, tes que empregar o sistema de cita previa virtual, ao que podes acceder no seguinte enlace. Fai un uso responsable deste sistema e, antes de solicitar a túa cita, consulta no portal do SEPE as medidas implementadas nesta situación extraordinaria: PORTAL SEPE
  • Se tes que realizar calquera outro trámite urxente na túa demanda de emprego ou solicitar un certificado ou un informe, poderás facelo:
    a través da oficina virtual: reactivación da demanda despois dunha baixa por colocación non superior a 365 días.
    poñéndote en contacto coa túa oficina de emprego telefonicamente ou a través dun correo electrónico.

BUSCADOR DE OFICINAS

  • NON se dará de baixa ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorización administrativa ou estean pendentes de presentar algunha documentación xustificativa.
  • NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
  • Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.
  • Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.

Desde Emprego Galicia iremos actualizando toda esta información á medida que se desenvolva esta situación de emerxencia.

Podes consultar toda a información e recomendacións sobre o COVID-19 na páxina web específica habilitada polo SERGAS en relación co coronavirus:

PORTAL SERGAS COVID-19

EMPREGO GALICIA