Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 26 Marzo 2020 09:02

GUÍAS PARA A TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES DE REGULACIÓN DE EMPREGO (ERTE) MOTIVADOS POLO COVID-19

A Xunta de Galicia pon a disposición das empresas, autónomos/as e traballadores/as dúas infografías sobre a tramitación de expedientes de regulación de emprego (ERTE) por forza maior ou por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivados polo COVID-19.

Nos dous documentos que se achegan, as persoas interesadas poden consultar o procedemento e os pasos que se deben realizar para a correcta tramitación destes expedientes:

ERTE por forza maior motivado polo COVID-19 : TRAMITACIÓN

ERTE POR CAUSAS ECONÓMICAS, TÉCNICAS, ORGANIZATIVAS OU DE PRODUCIÓN MOTIVADO POLO COVID-19: TRAMITACIÓN

Ademais, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto para atender consultas sobre a tramitación dos ERTE: 900 815 600