Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

ADECCO PON Á TÚA DISPOSICIÓN 70 PROGRAMAS GRATUÍTOS DE FORMACIÓN TOTALMENTE GRATUÍTOS

A empresa de Recursos Humanos Adecco puxo en marcha dúas iniciativas gratuítas para que toda a cidadania, tanto empregados como persoas en situación de desemprego, aproveiten estas semanas de confinamento para realizar programas de formación que contribúan a completar o seu perfil académico e reforzar a súa candidatura laboral.

Así, a primeira das iniciativas consiste nunha plataforma para acceder a máis de 70 programas formativos totalmente gratuítos, divididos en nove bloques temáticos. Estes servirán para converter este período de corentena nunha nova oportunidade de completar a formación dos traballadores e conseguir ser máis  empleables. Estes programas, que ata o de agora viñan comercializando para empresas, serán completamente gratuítos ante a excepcionalidade da situación.

A segunda iniciativa, dirixida ao colectivo de desempregados/as máis vulnerables afectados por procesos concursais e/ou por despedimentos colectivos de menos de 50 persoas, ofrecerá un programa de recolocación online de tres meses de duración, encamiñado a mellorar a empregabilidade co fin de conseguir unha rápida inserción laboral.

ACCEDE