Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

SMARTPEME OFRÉCECHE HOXE, 18 DE MARZO, UN OBRADOIRO DE FORMACIÓN GRATUITO PARA QUE FAGAS EN LIÑA "PROMOCIONA A TÚA EMPRESA NAS STORIES DE INSTAGRAM"

Desde SmartPeme continuan prestando asesoramento por vía telemática, sexa a través do teléfono, correo electrónico ou ferramentas de videoconferencia.

Ademais, hoxe, 18 de marzo, impartirase o obradoiro, ás 17 horas, "Promociona a túa empresa a través dos stories de Instagram" a través de Skype.

As prazas son limitadas, se estás interesad@ soamente tes que inscribirte cubrindo o formulario de inscrición, CLICANDO AQUÍ .Enviaranche un enlace para acceder ao obradoiro (a duración será aproximadamente dunha hora).

Para tratar de garantir unha correcta conexión as persoas asistentes deberán ter apagado o video e o micrófono durante a sesión. Poderanse realizar consultas a través do chat que proporciona a ferramenta e o asesor responderaas na medida do posible.

Se tedes algunha dúbida de como instalar ou utilizar Skype, poñédevos en contacto con eles antes do obradoiro e axudaranvos a ter todo preparado.

Pedimos tamén as persoas asistentes que teñan instalada a aplicación de Instagram antes do obradoiro nos seus teléfonos móbiles.


Quedan á vosa disposición para calquera consulta ou dúbida a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , no teléfono 886 202 020 ou a través das redes sociais de SmartPeme.