Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 18 Marzo 2020 09:31

QUÉ É UN ERTE E QUÉ DEREITOS TEÑO SE A MIÑA EMPRESA FAI UN?

É un Expediente de Regulación de Emprego Temporal, que se adoitan denominar ERTE ou ERE temporais. Poden consistir na suspensión do contrato dos traballadores de maneira temporal ou na redución das súas xornadas laborais e deben estar xustificados por "causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción ou derivadas de forza maior" (artigo 47 do Estatuto dos Traballadores). Os afectados poden ser todo o persoal ou só parte dela.

O Consello de Ministros deste martes aprobou algúns cambios nos ERTE para que os ocasionados por causas relacionadas co coronavirus (como pola falta de subministracións, os peches ordenados por autoridades sanitarias) sigan un procedemento áxil e outorguen máis protección ao traballador.

O decreto define especificamente o que se entenderá por "forza maior" nos ERTES nas actuais circunstancias de emerxencia, que ten un procedemento máis abreviado (co visto e prace da autoridade laboral nun máximo de 5 días e sen período de consultas cos traballadores) e simplifícanse os requisitos para a súa presentación. Ademais, axilízanse tamén os ERTE que se presenten por outros motivos, non de causa maior, pero relacionados co coronavirus: terán un período máximo de negociación de 7 días, en lugar de 15.

  • Que dereitos teño se suspenden o meu contrato nun ERTE?

Nese caso, deixará de traballar e de percibir o seu salario temporalmente, mentres duren as causas do ERTE. O empregado ten dereito a cobrar a prestación de desemprego e, no caso dos expedientes motivados por esta crise sanitaria, hai dúas importantes novidades: non se consome o dereito a prestación por desemprego xerada ata o momento e, ademais, todos os traballadores teñen dereito a cobrar paro de maneira excepcional, aínda que non cotizasen o mínimo esixido para iso.

Ao ser unha suspensión do contrato, e non unha extinción do mesmo, a persoa traballadora non ten dereito a unha indemnización.

Maior protección por desemprego
O Goberno permitirá, a cobranza da prestación por desemprego a todas as persoas afectadas por estes ERTE relacionados coa crise do coronavirus aínda que non xerasen aínda o dereito á prestación por desemprego (o chamado requisito de carencia).

Ademais, o tempo que estas persoas consuman paro, mentres duran os ERTE, non se restará dos dereitos á prestación de desemprego xerados ata o momento, que quedan intactos de fronte ao futuro. Isto é o que se coñece como "contador a cero".

  • Volverei ao meu posto despois do ERTE?

O ERTE é unha medida temporal e, cando non existan as causas que o motivaron, os traballadores deben volver aos seus postos ou recuperar as súas xornadas anteriores.

GUÍA ERTE