UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2020 pola que se convocan probas selectivas para acceso á escala de xestión subgrupo A2, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.
Convócanse probas selectivas para cubrir trece (13) prazas na escala de xestión da USC, subgrupo A2, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.
O número total de vacantes reservadas á quenda de promoción interna ascende a cinco (5) prazas.
O número total de vacantes reservadas á quenda de acceso libre ascende a oito (8) prazas. Do total de prazas da quenda de acceso libre, reservarase unha (1) para ser cuberta por persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33 %. No suposto de que esta praza da cota de reserva non se cubra, acumularase á quenda xeral de acceso libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.