Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 16 Marzo 2020 07:12

CONVOCATORIA DE AXUDAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento PR905A).

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:
a) As persoas galegas e nadas en Galicia.
b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nadas en Galicia.
c) Os/as fillos/as das persoas galegas e nadas en Galicia.

Requisitos que deberán cumprirse e acreditarse na data da presentación de solicitudes:
a) Estar en posesión da nacionalidade española antes de retornar.
b) Estar empadroada e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.
d) Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do retorno a España e a data de presentación da solicitude.
e) Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar.

O prazo para presentar as solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de agosto de 2020 incluído.

BASES