Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 13 Marzo 2020 08:34

XUNTA DE GALICIA CONVOCA VARIOS PROCESOS SELECTIVOS AO CORPO DO ENSINO (EN VARIAS CATEGORIAS)

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficias de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

Prazas convocadas.
Convócanse procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir 10 prazas no corpo de inspectores de educación, 1.041 prazas no corpo de profesores de ensino secundario, 68 prazas no corpo de profesores de escolas oficiais de
idiomas, 85 prazas no corpo de profesores de música e artes escénicas, 40 no corpo de profesores de artes plásticas e deseño, 363 prazas no corpo de profesores técnicos de formación profesional e 747 prazas no corpo de mestres, situadas no ámbito de xestión
da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia (código de procedemento ED001A), coa desagregación por especialidades e quendas que a seguir se indican na orde de convocatoria.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.es/oposicions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

BASES