Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 13 Marzo 2020 08:28

CONVOCATORIA DOS PREMIOS DE ARQUITECTURA E REHABILITACIÓN DA CCAA DE GALICIA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2020 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2020 (código de procedemento VI490A).

Establécense as seguintes modalidades de premios:
1. Premio galego de arquitectura 2020.
O xurado poderá outorgar o premio galego de arquitectura 2020 entre os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que teña suficiente entidade como para poder ser valorada de forma independente da construción orixinal.
Dotación económica: 6.000 €.

2. Premio galego de rehabilitación 2020.
O xurado poderá outorgar o premio galego de rehabilitación 2020 entre os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.
Dotación económica: 6.000 €.

3. Mencións.
Entre as actuacións que non obtivesen premio, poderán ser obxecto de mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento.

4. Premios especiais.
O xurado poderá outorgar premios nas categorías especiais que se indican a seguir:
a) Á sustentabilidade 2020, destinado a destacar aquela actuación que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras.
Dotación económica: 6.000 €.
b) Á traxectoria profesional 2020, destinada a recoñecer a meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura no territorio galego.
Dotación económica: 6.000 €

Poderán optar aos premios, agás o especial á traxectoria profesional 2020, os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2019.
As persoas físicas ou xurídicas autoras dos citados proxectos deberán ser profesionais da arquitectura.

Poderán propoñerse para o premio especial á traxectoria profesional 2020 as persoas arquitectas que pola súa contribución a favor da arquitectura no territorio galego sexan merecedoras dun especial recoñecemento.

As entidades que, segundo a base quinta, teñan representación no xurado, poderán presentar candidaturas para os premios de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2020, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución.

BASES