Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 13 Marzo 2020 08:21

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES FORMATIVAS STEM EN LINGUA INGLESA, STEMWEEK PARA O ANO 2020

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 2 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504G).

Esta actividade terá lugar no CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo a sábado seguinte.

En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 horas e sairá o sábado entre as 12.00 e as 13.30 horas. As familias ou titores/as legais dos/das menores serán os responsables de levar e recoller o alumnado no lugar de realización da actividade e os gastos que isto ocasione correrán pola súa conta. O resto da actividade será gratuíta para o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas.

O custo total de cada actividade inclúe:
a) Os docentes que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
b) Os gastos de docencia e o material escolar.
c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
d) Os gastos de mantenza e aloxamento.
e) O certificado de realización da actividade.
f) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser persoa beneficiaria destas axudas o/a alumno/a que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as materias no curso 2018/19.
c) Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de 6 na materia de inglés.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
e) Non estar incurso/a nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar como documento identificativo o da persoa proxenitora ou da persoa titora legal.

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).

BASES