Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 12 Marzo 2020 08:14

CONVOCATORIA DE 8 BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE MUSEOS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
ORDE do 20 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao Programa 2020 (código de procedemento CT110B).

O persoal bolseiro realizará a súa actividade en diversos museos propios e xestionados, e na Subdirección Xeral de Arquivos e Museos da Consellería de Cultura e Turismo.
Serán tutelados, dirixidos e coordinados polos servizos técnicos da Dirección Xeral de Políticas Culturais.

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Dispoñer da seguinte titulación:
a) No caso de persoas solicitantes de bolsas de formación en museos, ter grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) en que se acredite un mínimo de 100 créditos nestas materias para cada unha das especialidades seguintes:
1º. Historia da arte.
2º. Arqueoloxía.
b) No caso de persoas solicitantes de bolsas de formación en restauración de fondos de museos, ter grao ou diplomatura universitaria en conservación e restauración de bens culturais ou equivalente, nas especialidades de:
1º. Arqueoloxía.
2º. Pintura ou escultura

As bolsas terán unha duración de 6 meses, contados a partir da data de incorporación que estableza a Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, de acordo co centro de destino.

O importe bruto de cada bolsa será de cinco mil seiscentos noventa euros (5.690,00 €).

As bolsas poderán ser prorrogadas automaticamente ata outros 6 meses en función da existencia de crédito suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2020 e 2021.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

BASES