Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 09 Marzo 2020 08:40

XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN DAS CLASES B E C Á MOCIDADE GALEGA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
ORDE do 26 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para
o ano 2020 (código de procedemento BS321A).

Gasto subvencionable e contía da axuda
O gasto subvencionable é a suma global (importe a tanto global) de obtención dos permisos de condución obxecto da presente orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos obxecto da orde.

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:
a) Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e estará aberto ata o día 31 de xullo de 2020, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.

O esgotamento do crédito dispoñible será publicado na páxina web xuventude.xunta.es e no Diario Oficial de Galicia. A partir dese momento non se admitirán novas solicitudes.

BASES