Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 05 Marzo 2020 08:25

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS EN EMPRESAS DO SECTOR TIC

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (bolsas DigiTalent) dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent (código de procedemento PR607A).

Estas prácticas formativas están orientadas a estudantes universitarios/as das tres universidades públicas de Galicia que teñan máis do 75 % e menos do 100 % de créditos aprobados e que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4.

As persoas bolseiras realizarán as prácticas formativas en empresas do sector TIC por un período de 3 meses.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES