Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 04 Marzo 2020 10:36

PROGRAMA MAQUINARIA 4.0: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROXECTOS ATA O 7 DE ABRIL

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e ao abeiro da Axenda Industria 4.0, pon en marcha o programa Maquinaria 4.0, unha nova liña dirixida a incentivar aos fabricantes de bens de equipo e maquinaria a desenvolver produtos que dean resposta a necesidades do sector, que permitirá reforzar a estandarización neste eido e facilitar a compra local, nacional e internacional de tecnoloxía xerada en Galicia.

Ata o 7 de abril, empresas e agrupacións empresariais que se constitúan con este obxectivo poderán presentar as súas propostas para os cinco retos definidos a partir da análise das necesidades detectadas na consulta realizada polo Igape ao tecido produtivo galego a finais do pasado ano. Os cinco proxectos seleccionados recibirán axuda para o seu desenvolvemento e comercialización.

fichas descriptivas dos retos e máis información do programa

As empresas fabricantes de maquinaria que queiran presentarse á convocatoria poderán acceder a unha especificación máis extensa poñéndose en contacto co Igape en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..">Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..