Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 03 Marzo 2020 08:10

IGAPE CONVOCA 50 PRAZAS PARA A CAPACITACIÓN DE MOZOS E MOZAS PROFESIONAIS EN MATERIA DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL MEDIANTE FORMACIÓN PRÁCTICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2020 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG414A).

O obxecto destas bases é a convocatoria de 50 prazas para a capacitación de mozos/as profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

Condicións da bolsa
Duración e destino.
A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de doce meses contados desde a data de comezo que para tal efecto fixe a resolución de concesión. O Igape poderá prorrogala por un máximo de ata 12 meses adicionais en función da necesidade de finalizar ou completar unha parte da formación que xa tivese comezado ou estivese a piques de comezar.

Así mesmo, a prórroga estará condicionada ademais a: solicitude de prórroga por parte da persoa bolseira polo menos un mes antes da fin do período inicial da bolsa, informe favorable do/a titor/a do/a bolseiro/a, posibilidade de desfrute da prórroga no mesmo organismo do período inicial ou noutro destino alternativo, dispoñibilidade orzamentaria e a súa aceptación por parte do bolseiro.

En caso de prórroga a dotación incrementarase proporcionalmente segundo a súa duración e o destino asignado.
A formación práctica levarase a cabo no estranxeiro e/ou en Galicia (en oficinas do Igape ou Xunta, oficinas comerciais de España no exterior, cámaras de comercio españolas no estranxeiro, organismos multilaterais, organismos intermedios galegos, centros de investigación, empresas e/ou outros organismos en Galicia ou no estranxeiro), para realizar labores de investigación de mercados, estudo de empresas e a súa planificación para
internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre
empresas galegas e estranxeiras.

Antes do inicio da bolsa e no seu transcurso o Igape resérvase a posibilidade de cambiar as datas de incorporación, os destinos das persoas bolseiras e a dotación correspondente, no caso de concorrer causa xustificada.
A formación en Galicia poderá implicar visitas a empresas ou organismos empresariais galegos que serán realizadas polos bolseiros a través dos seus propios medios (con reintegro dos gastos de desprazamento segundo o indicado no artigo 6.2.

O importe máximo de subvención por bolseiro/a é de 48.000 € por un período de 12 meses ou a súa parte proporcional en función do período da bolsa. As dotacións variarán segundo o destino e o número de meses de estadía en Galicia e no estranxeiro. Desta subvención detraeranse a correspondente retención fiscal e a cota por cotización á Seguridade Social aplicables segundo a lexislación vixente.

Considéranse incluídos dentro do importe da dotación da bolsa -e dentro do límite máximo dos 48.000 €- todos os gastos en que teña que incorrer o/a bolseiro/a para o seu desenvolvemento.

O prazo de presentación de solicitudes será dous meses a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

BASES