Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 02 Marzo 2020 08:23

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ESTABLECEMENTOS E SERVIZOS TURÍSTICOS DE XESTIÓN PÚBLICA E/PU PRIVADA NOS PROCESO DE CERTIFCACIÓN, SEGUIMENTO E RENOVACIÓN DAS CORRESPONDENTES NORMAS UNE

AXENCIA TURISMO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU970A).

As subvencións obxecto destas bases divídense en dúas categorías, en atención ás entidades solicitantes:
Categoría 1ª: concellos.
Categoría 2ª: persoas físicas e xurídicas privadas.

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións:
Categoría 1ª: os concellos.
Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

BASES