Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 24 Febreiro 2020 09:09

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A REDUCCIÓN DO IMPACTO DO BREXIT NAS EMPRESAS GALEGAS CON INTERESE NO MERCADO DE REINO UNIDO

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a redución do impacto Brexit nas empresas galegas con interese no mercado do Reino Unido (Cheque Brexit), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG623A).

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran algún dos seguintes requisitos:
a) Que o Reino Unido sexa un dos seus 5 principais mercados intracomunitarios de exportación.
b) Que exportasen ao Reino Unido máis de 100.000 € nos tres últimos exercicios.
c) Que o Reino Unido supoña un mínimo do 10 % da súa exportación intracomunitaria total.

Serán subvencionables os servizos de consultoría que se materialicen nos seguintes conceptos:
a) Diagnóstico empresarial: comprenderá unha análise do negocio da empresa co Reino Unido en termos de clientes/provedores/dependencias loxísticas (cadea de subministración ou de comercialización), marco legal e regulatorio, marco financeiro e fiscal e o nivel de implantación da empresa no país e as súas repercusións, con identificación do grao de exposición da empresa ante os efectos do Brexit no seu negocio, e comprenderá o nivel
de preparación para enfrontarse a eses cambios e identificará os aspectos máis relevantes para actuar con base na súa situación actual.

b) Plan de continxencia Brexit: incluíndo unha folla de ruta das diferentes accións que a empresa tería que abordar en cada ámbito (estratexia, mercados, operacións, marco legal e regulatorio, marco financeiro e fiscal, e alfándegas) con identificación e deseño de accións concretas para mitigar os riscos a que está exposta a empresa.

As empresas solicitantes deben acreditar que a consultora ou consultoras que vaian prestar estes servizos cumpren os seguintes requisitos: a) que se trate dunha consultora do Reino Unido ou dunha consultora que conte cun acordo explícito de colaboración con outra do Reino Unido para a prestación do servizo; b) ter realizado, polo menos, 5 servizos de asesoramento en temática de Brexit.

O gasto máximo subvencionable dos servizos solicitados de acordo co artigo 5 será o seguinte:
a) Pemes: 25.000 €.
b) Grandes empresas: 40.000 €.
De se superaren estes gastos máximos, axustarase o gasto subvencionable a estes límites máximos.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará 30 de outubro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

BASES