Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 21 Febreiro 2020 08:45

DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 31 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN225A).

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2020 cunha duración máxima de doce meses, contados desde a data da incorporación das persoas bolseiras ata o 31 de decembro.

Dotación económica
Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 14.300 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.200 € brutos ao mes.

Centro de destino e xornada
A formación terá lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio e Consumo en xornada de mañá.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

BASES