Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 21 Febreiro 2020 08:38

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS EN MATERIA DE ECOINNOVACIÓN COMERCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300D).

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nos solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os  requisitos establecidos nas bases.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Considéranse subvencionables os proxectos ecoinnovadores que conteñan algunha das seguintes actuacións:
1.1. Ecoenvases: solucións sustentables de empaquetado de produto e para o seu envío, de ser o caso, coa utilización de materiais cen por cento biodegradables.
O investimento máximo subvencionable para este punto será de 4.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 70 %.

1.2. Economía circular.
A subvención consistirá nunha axuda por beneficiario de 1.500 € para o pulo de proxectos ecoinnovadores que inclúan as actuacións descritas neste punto.

1.3. Instalación de máquinas de reciclaxe de envases con incentivos.
O investimento máximo subvencionable será de 7.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.

BASES