Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 21 Febreiro 2020 08:21

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A INNOVACIÓN, A DIXITALIZACIÓN E A IMPLANTACIÓN DE NOVAS FÓRMULAS DE COMERCIALIZACIÓN E EXPANSIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CO300C).

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran, ademaisos  requisitos específicos establecidos nas bases. 

Actuacións subvencionables
1. Dixitalización comercial:
A porcentaxe de subvención será o 80 %, agás no suposto das letras b), c) e d), que será do 70 %, dos seguintes investimentos máximos subvencionables:
– Para a implantación de páxinas web con venda en liña é de 4.000,00 € (IVE excluído).
– Para a implantación de páxina web é de 1.000,00 € (IVE excluído).
– Para a actualización de páxina web é de 800,00 € (IVE excluído).
Non será compatible a solicitude de actuacións de implantación de páxinas web coas de mellora.
– Para a introdución de ferramentas de márketing 4.0 é de 6.000,00 € (IVE excluído) e establecése o límite para actuacións en publicidade en medios dixitais de 2.000,00 € (IVE excluído).
– Para a mellora de imaxe comercial dixital é de 6.000 € (IVE excluído).
– Para os servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager) é de 9.900,00 € (IVE excluído), a razón de 900,00 € por mes.
– Para a implantación de ferramentas de xestión é de 3.000,00 € (IVE excluído).

O investimento máximo subvencionable para o conxunto das actuacións de dixitalización é de 28.900 euros (IVE excluído).

2. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídas nun proxecto de decoración e interiorismo.
Para as actuacións previstas nas letras a), b), c) e d), o investimento máximo subvencionable será de 30.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 8.000,00 € (IVE excluído) por cada establecemento comercial. No caso das actuacións previstas na letra e) o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 € (IVE excluído), por establecemento comercial.

A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable agás no suposto das letras d) e e), que será do 70 %.

3. Proxectos de expansión comercial.
Para as actuacións previstas nas letras a), b), e c), o investimento máximo subvencionable será de 60.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 8.000,00 € (IVE excluído) por establecemento comercial. No caso das actuacións previstas na letra e), o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 € (IVE excluído) por establecemento comercial.

A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable, agás no suposto da letra e), que será do 70 %.

4. Participación ou posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up.
Para o conxunto destas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 8.000,00 € (IVE excluído).

A porcentaxe de subvención será o 70 % do investimento máximo subvencionable.
A subvención máxima polo alugamento do local será de 1.500,00 euros; polo transporte de mercadoría, de 500,00 euros e pola publicidade e promoción, de 1.000 euros.
4.2. Participación en proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up.
Para o conxunto desta actuación, o investimento máximo subvencionable será de 2.100 €, a razón de 700,00 euros de investimento máximo subvencionable por cada proxecto ou evento, ata un máximo de tres.
A porcentaxe de subvención será o 70 % do investimento máximo subvencionable.

5. Proxectos de posta en marcha de concept stores
Para as actuacións previstas nas letras a), b) e c), o investimento máximo subvencionable será de 30.000,00 € (IVE excluído) e o investimento mínimo de 8.000,00 € (IVE excluído). No caso das actuación previstas na letra e), o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 € (IVE excluído).
A porcentaxe de subvención será o 70 % do investimento máximo subvencionable.

6. A adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal:
Para o conxunto destas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 10.000,00 € (IVE excluído) e a porcentaxe de subvención será o 70 % do investimento máximo subvencionable.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

BASES