Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 19 Febreiro 2020 08:35

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACIÓN DAS EMPRESAS EN GALICIA, A TRAVÉS DO FINANCIAMENTO DAS ACTIVIDADES INTEGRADAS EN PLANS DE INNOVACIÓN

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN848D).

Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicitan a axuda.

As persoas  beneficiarias das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no Documento que Establece as Condicións da Axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 20 da presente resolución.

Serán actividades subvencionables aquelas incluídas nun Plan de innovación que deberá reunir, necesariamente, as seguintes características:
a) Deberá reunir unha serie de actividades que constitúan un conxunto completo e homoxéneo que permita implementar ou incrementar as capacidades innovadoras da empresa solicitante.
b) As actividades incluidas no Plan de innovación deben implicar unha ou varias destas opcións, desagregadas no catálogo que se achega como anexo I:
b.1) Actividades de innovación, destinadas principalmente a corrixir deficiencias de mercado relacionadas con externalidades positivas (desbordamento do coñecemento), deficiencias de coordinación e, en menor medida, información asimétrica; estas actividades
comprenderán a obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais, o envío en comisión de servizo de persoal altamente cualificado e a adquisición servizos de asesoramento e apoio á innovación
b.2) Innovación en materia de procesos: a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipamentos ou programas informáticos).
Non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos
de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.
b.3) Innovación en materia de organización: a aplicación dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa.
Non se inclúen os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o
comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.
c) Deberá estar aliñado con algunha das prioridades da RIS3 para Galicia (anexo II).
d) O orzamento subvencionable será dun mínimo de 80.000 euros e dun máximo de
200.000 euros, a presentación dun Plan de innovación cun orzamento fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.
e) A súa duración mínima será de un ano e a máxima estenderase ata o 30 de novembro
de 2021, a presentación dun Plan de innovación cunha duración fóra do rango establecido será causa de inadmisión da solicitude de axuda.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES