COMUNIDADE AUTÓNOMA DE CASTELA-A MANCHA
Resolución do 12 de febreiro de 2020, da Consellería de Educación, Cultura e Deportes, pola que se publican as convocatorias de procedementos selectivos para ingreso e acceso ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario, ingreso no Corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas, ingreso no Corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional, adquisición de novas especialidades nos mencionados Corpos e procedemento de selección de aspirantes a postos de traballo docente en réxime de interinidade.
O número de prazas que son obxecto das presentes convocatorias e a súa distribución por especialidades é o seguinte:
1. Total de prazas convocadas correspondentes ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario (ingreso libre e acceso): 570, das cales 542 corresponden ao procedemento de ingreso no Corpo de Profesores de Ensino Secundario pola quenda libre e 28 corresponden ao procedemento de acceso ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario (acceso a corpo docente incluído en grupo de clasificación superior).
Total de prazas convocadas correspondentes ao Corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas pola quenda libre: 21.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será desde o día 18 de febreiro de 2020 ata o día 9 de marzo de 2020 (ambos os incluídos).
https://www.boe.es/boe/dias/2020/02/18/pdfs/BOE-A-2020-2342.pdf