Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 18 Febreiro 2020 08:19

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO CONVOCA 20 BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE ARQUIVOS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
ORDE do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao Programa 2020 (código de procedemento CT110A).

As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais. As persoas bolseiras realizarán a súa actividade nos arquivos do Sistema de Arquivos de Galicia aos cales sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura e Turismo, e serán tuteladas, coordinadas e dirixidas polos seus servizos técnicos de arquivos.

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) en que predomine a formación en historia e/ou arquivística.
2. Acreditar dominio da lingua galega, nivel iniciación, mediante título oficial ou certificado Celga 3.
3. Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período igual ou superior aos doce (12) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral de Políticas Culturais, logo de iniciado o período de vixencia 4. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego

As bolsas terán unha duración máxima de seis (6) meses, contados a partir da data de incorporación que estableza a Dirección Xeral de Políticas Culturais de acordo co centro de destino.

O importe bruto mensual de cada bolsa será de oitocentos noventa e cinco euros con cinco céntimos (895,05 €).
As bolsas poderán ser prorrogables automaticamente ata outros seis (6) meses en función da existencia de crédito suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2020 e 2021.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 

BASES