Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 17 Febreiro 2020 08:22

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES DE CARÁCTER TURÍSTICO DURANTE O ANO 2020

Obxecto:

Subvencións para o fomento do turismo e a profesionalización do sector turístico da provincia, así como para a realización de actividades con repercusión turística provincial, durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020.

Poderán solicitar estas subvencións as persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

— Non ter a condición de Administración Pública.

— Carecer de fins de lucro.

— Ter o domicilio social na provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra desta cando a actividade para a que se solicita a subvención teña interese para a provincia.

— Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e coa facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA).

— Non ter débedas coa Deputación de Pontevedra.

— Estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.

— Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

— Non ter pendente de xustificación subvencións anteriores pagadas anticipadamente pola Deputación de Pontevedra.

Poderán ser obxecto de subvención as actividades de fomento do turismo que teñan como fins, entre outros, os seguintes:

— Promoción e estímulo dun sector turístico competitivo, de calidade, accesible e sustentable

— Promoción dos seguintes recursos turísticos da provincia: a natureza, o medio ambiente e a paisaxe; as festas e tradicións populares; o patrimonio cultural e lingüístico; a gastronomía e a enogastronomía; a saúde, o benestar e o termalismo.

Quedan excluídas desta convocatoria e, polo tanto, non serán obxecto de subvención, as seguintes actividades e investimentos:

— As actividades ou investimentos subvencionados, no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación de Pontevedra.

— Os gastos de funcionamento das entidades, os gastos correntes, os gastos de persoal da propia entidade e as actividades xerais que se realicen ao longo de todo o ano.

— As viaxes de lecer e as excursións.

— Os gastos gastronómicos, agás cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para o seu desenvolvemento.

— As adquisicións de bens ou gastos que teñan a consideración de investimento.

— A elaboración e impresión de material de información turística (folletos, posters, carteis, etc.)

— As festas gastronómicas que consistan principalmente na degustación de produtos sen a súa posta en valor.

Prazo de presentación

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do extracto no Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra (BOPPO).

BASES