Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 13 Febreiro 2020 08:30

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O APOIO DE PROXECTOS PILOTO PARA O DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS, PRÁCTICAS, PROCESOS E TECNOLOXÍAS NO ÁMBITO FORESTAL

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA
RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR331A).

Poderán acceder á condición de beneficiarias das subvencións obxecto da presente resolución:
a) Persoas físicas ou xurídicas e organizacións ou entidades directamente vinculadas á produción primaria en agricultura, gandaría e/ou silvicultura.
b) Persoas físicas ou xurídicas primeiras transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

O prazo para a presentación de solicitudes remata no prazo dun mes contado a partir do día seguinte as da súa publicación no DOG.

BASES