Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 12 Febreiro 2020 08:30

EGAP CONVOCA BOLSA DE FORMACIÓN PARA A XESTIÓN DE PROCESOS DE AVALIACIÓN E CALIDADE

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca unha bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade (código de procedemento PR770P).

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa candidata seleccionada ao desempeño da bolsa na EGAP, tal como se dispón na base décimo cuarta, e finalizarán o 31 de decembro de 2020.

O importe da bolsa será de 1.100 € brutos mensuais, que se farán efectivos, tras a certificación da EGAP do bo aproveitamento da bolsa, polo importe líquido, tras realizar as retencións fiscais e sociais que lle correspondan, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa. Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días. A cantidade percibida estará en función do número de días transcorridos desde a incorporación
á bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

BASES