Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

CONVOCATORIA DO PREMIO EUROPEO CARLOMAGNO

Se tes entre 16 e 30 anos presenta o teu proxecto ao Premio Europeo Carlomagno antes do 21 de febreiro!!!

As persoas galardoadas será aquelas que estimulen o desenvolvemento da integración e dunha identidad europea compartida. Os traballos porden ser presentados de forma individua ou en grupo, e poden estar relacionados coa cultura, o deporte, o arte ou calquer outro ámbito que axude á creación dunha Europa máis unida.

Tres proxectos serán premiados con:  7.500 €,  5.000 € e  2.500 € para os tres primeiros e un representante de cada un dos 28 finalistas nacionales serán invitados a asistir a cerimonia de entrega en Aquisgrán.

PODEMOS PARTICIPAR?

Poden presentar proxectos para o Premio Europeo Carlomagno da Mocidade os/as mozos/as de entre dezaseis e trinta anos de calquera dos Estados membros.

Os proxectos poden presentarse de maneira individual ou, preferiblemente, en grupo. Deben promover o entendemento a escala europea e internacional, estimular o desenvolvemento dunha identidade europea compartida e da integración europea, e servir de modelo para os mozos que viven en Europa e ofrecer exemplos prácticos de europeos que viven no seo dunha mesma comunidade.

QUE TIPO DE PROXECTOS PODEN PRESENTARSE?

Os anteriores gañadores foron premiados por proxectos tales como intercambios xuvenís, eventos nos ámbitos deportivo, artístico ou cultural. Pode tratarse tamén de proxectos da internet con dimensión europea. Para máis información sobre os proxectos de anteriores gañadores, botade unha ollada aquí

QUE PASA SE GAÑAMOS?

Outorgarase un premio de 7 500 euros ao mellor proxecto, de 5 000 euros ao segundo e de 2 500 euros ao terceiro. Como parte do premio, convidarase os tres galardoados a visitar o Parlamento Europeo (en Bruxelas ou en Estrasburgo).

Convidarase a un representante de cada un dos vinte e oito proxectos gañadores nacionais a asistir aos actos que se celebrarán durante varios días en Aquisgrán, incluída a cerimonia de entrega do Premio Europeo Carlomagno da Mocidade, que sempre ten lugar dous días antes da Ascensión, o día en que se outorga o prestixioso Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán.

Os premios outorgados aos tres mellores proxectos serán presentados polo Presidente do Parlamento Europeo e por representantes da Fundación Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán.

O voso proxecto recibirá así mesmo unha ampla cobertura informativa a través das canles mediáticas do Parlamento Europeo e da Fundación.

... e por último —pero non menos importante—, a vosa estancia en Aquisgrán será unha oportunidade única de coñecer e establecer contactos con outros mozos dinámicos de toda Europa, unha plataforma para compartir a vosa visión de Europa ante os/as líderes europeos/as, e, para moitos, o principio de amizades duradeiras con persoas afíns procedentes de toda Europa.

BASES